FOLLIÑAS / SABELA
(Letra: tradicional. Música: Eduardo DeTorre Solano
Folliñas
do limoeiro,
folliñas que leva o vento,
ten ben pouco que facer
quen comigo pasa o tempo.
E miña nai e mais a tua,
que van xuntas a romaría,
levan a roupa de gala
e deixan a de cada día.
Folliñas
do limoeiro,
folliñas que leva o vento,
ten ben pouco que facer
quen comigo pasa o tempo.
E miña nai e mais a tua,
que van xuntas a romaría,
levan a roupa de gala
e deixan a de cada día.
________________________
Sabela ten boas pernas,
que llas vin no arredor
non vin pernas como elas
na filla dun labrador.
Sabela ten boas pernas,
que llas vin no arredor
non vin pernas como elas
na filla dun labrador.
Sabela...
Sabela...